É un feito amplamente aceptado a enorme aportación que o mundo rural ten feito á cultura e a vida en xeral ; non é menos evidente que unha parte desa aportación está esmorecendo progresiva e implacablemente. Somos moit@s @s que sentimos un fondo pesar desa desfeita e a cotío compartimos a impotencia que sentimos
Hai bastantes persoas e asociacións que están apurando con moita creatividade e teimosía a recollida, coidado e/ou preservación de todo o patrimonio etnográfico galego, así como levando a cabo proxectos reais e innovadores, creadores de futuro para un mundo rural vivo.
A U.R.G. nace coa idea de intentar facer visible todo o anterior e gustaríanos servir de altofalante de toda esa realidade, xa que cremos en que tod@s podemos contribuir a poñer en valor as tradicións rurais, a favorecer o seu recoñecemento e dignificación e a facer chegar á sociedade toda a riqueza persoal, grupal e etnográfica do medio rural.
Polo de agora integramos a U.R.G.: Incodega, Euroeume, A Cova da Terra, Xermolos,C.D.R. Ancares, Movemento Rural Cristián, Colectivo Pedagóxico Estiño, Sindicato Labrego, Preescolar Na Casa, C.D.R. “O Viso”,”Papaventos”, labreg@s, técnicos, profesorado da Universidade... Súmate e colabora xunto co resto para facer posible o proxecto Universidade Rural Galega.
|
||